Este sábado terminou o prazo de presentación de traballos do noso primeiro certame literario, e durante o noso habitual ensaio recompilamos todas as copias dos relatos e poemas, divididos nas súas categorías, para entregalas ao xurado. Este tribunal está formado por:
- José Manuel Sande, concelleiro de Cultura do Concello da Coruña
- Alicia Longueira, directora da Fundación Wenceslao Fernández Flórez
- Dores Tembrás, escritora
- Jacinto Torres, vicepresidente da Cociña Económica da Coruña
Os integrantes desta mesa reuniranse o sábado 11 de maio a deliberar no local social de Cantabile, e o veredicto que saia do encontro publicarase o 18 de maio, coincidindo co centenario da creación das Irmandades da Fala na Coruña.
O día 11 de xuño será a entrega de premios do certame, unha tarde en que música e literatura estarán unidas nunha causa solidaria: os donativos asociados a cada participación no concurso serán entregados á Cociña Económica. Podes encontrar máis información sobre este evento na sección de “Próximas Actuaciones”.
Moitas grazas a todas as persoas que participaron nesta primeira edición do Certame Literario Cantabile! Esperamos seguir crecendo!
#CertameLiterarioCantabile
#CantabileSolidario
#CantabileNoPara
![ArquivoCoroCantabile[ES]](https://arquivo.corocantabile.gal/wp-content/uploads/2016/10/cropped-misa-coronacion-cantabile-1.jpg)