Hoxe é o turno do primeiro dos compositores que participaron en Palabras de luz. Trátase de Federico Mosquera, que puxo música a Luz de setembro, de Pilar Pallarés, e A árbore da cegueira, de Baldo Ramos, a quen nos achegaremos en próximos #MartesDePoetas.
Federico Mosquera Martínez naceu na Coruña en 1986. Activo como pianista e compositor, as súas obras teñen sido interpretadas en Portugal, España, Francia, Reino Unido, Italia, Países Baixos, Estonia e China. De entre elas, destacan a estrea en Rotterdam do Concerto para Clarinete Baixo e orquestra de corda (2013) a cargo do clarinetista Igor Urruchi, e a estrea en china do arranxo para conxunto de ventos a cargo do clarinetista baixo Henri Bok. Tamén salienta a estrea coa Real Filharmonía de Galicia do Concertino para orquestra de corda (2011) dirixido por Maximino Zumalave. A Orquestra Sinfónica de Galicia interpretou en primicia os seus Tres movementos sinfónicos (2012) dirixidos por Víctor Pablo Pérez, Rituales y sortilegios (2015, obra por encargo da Fundación SGAE e a AEOS) dirixida por Dima Slobodeniouk, e o seu Concerto para Tuba (2016), dirixido por José Trigueros como Jesper Boile Nielsen como solista.

Fotografía: Petar Stoykov
No ámbito da música de cámara destaca a estrea dos seus quintentos de vento Ignis et Terra (2015, obra encargo do CNDM) polo quinteto Zoar nas Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela (2015) e Café Madrid 1916 (baixo encargo da ORCAM), interpretada por un septeto de solistas da ORCAM no auditorio da Fundación Canal de Madrid.
Formado como pianista nos conservatorios da Coruña, Cracovia e Rotterdam, bolseiro da fundación Barrié de la Maza, estudou con mestres como Mercedes Goicoa, Andrzej Pikul e Jean-Bernard Pommier. Tocou en importantes salas como a Casa da Música (Porto), a Jurriaanse e a Grote zaal do Doelen (Rotterdam) e en festivais como Harmos festival 2010, Festival Repeat 2011, Festival de músicos de Cámara da Haia (2013), Festival Gergiev 2013 e o Piano duo Festival (2014) en Amsterdam.
Actualmente combina a súa actividade como pianista e compositor co traballo como Artistic Research Coach en Codarts, Conservatorio de Rotterdam. Mantén a páxina web www.federicomosquera.com
A semana que vén daremos máis nomes do excepcional equipo que fixo posíbel Palabras de luz. Vémonos o martes! #CantabileNonPara
![ArquivoCoroCantabile[ES]](https://arquivo.corocantabile.gal/wp-content/uploads/2016/10/cropped-misa-coronacion-cantabile-1.jpg)
Pilar Pallarés naceu en Culleredo (A Coruña) en 1957. Morou en Vigo, Santiago, Lisboa, Pontedeume, e desde o 1984
María Lado naceu a medio camiño entre Cee e Compostela, nun taxi. Era unha noite de abril de 1979. Comezou escribindo poesía no Batallón Literario da Costa da Morte e a día de hoxe ten seis títulos publicados. É tamén autora dunha novela, dous álbums infantís e varios textos de teatro. O espectáculo Anatomía dunha Serea, que escribiu xunto coa actriz Iria Pinheiro, foi recoñecido cun premio María Casares ao mellor guión.