O Coro Cantabile foi convidado polo Consello Social da UDC a participar no acto organizado co gallo da presentación da Memoria de Responsabilidade Social da UDC. O acto tivo lugar o pasado 26 de xullo no Paraninfo do Reitorado e foi presidido polo rector, Julio Abalde Alonso, e o presidente do Consello Social da UDC, presidente da Conferencia de Consejos Sociales e secretario xeral do Consello de Administración de Inditex, Antonio Abril Abadín. Contou tamén coa participación da secretaria de estado de Universidades, Desenvolvemento e Investigación, Ángeles Heras Caballero.
Interpretamos varias pezas do noso repertorio, que foron presentadas por nenos e nenas do propio coro. O acto rematou coa interpretación do Gaudeamus Igitur.
O acto, grazas as autoridades que nel participaron, tivo moita repercusión nos medios e nas redes sociais, cunha valoración moi positiva da nosa actuación.
Espectacular actuación de @Coro_Cantabile no Paraninfo da Reitoría da @UDC_gal no acto presidido pola secretaria de Estado de #Universidades, #Investigación, #Desenvolvemento e #Innovación @CienciaGob, o Reitor e o Presidente do @CSocialUDC e da @conferenciacs. pic.twitter.com/GzsDziInUg
— Consello Social UDC (@CSocialUDC) July 26, 2018
Broche de oro para la presentación de la memoria de #ResponsabilidadSocial de la #UDC de la mano del @Coro_Cantabile Un placer para los oídos. @UDC_gal @CSocialUDC pic.twitter.com/HmNpJAVtcd
— CUFIE (@CUFIE_UDC) July 26, 2018
![ArquivoCoroCantabile[ES]](https://arquivo.corocantabile.gal/wp-content/uploads/2016/10/cropped-misa-coronacion-cantabile-1.jpg)