
O sábado 13 de maio reuníronse no local do coro os membros do xurado do II Certame Literario Cantabile. O tribunal estaba formado por:
- Tito Pérez, escritor
- Roberto Samartim, profesor da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña
- Dores Tembrás, escritora
Os integrantes desta mesa acordaron o seguinte veredicto:
Categoría A
Modalidade de poesía:
- 1º Premio: “Bando de Borboleta”, de Raquel Cernadas Varela.
Modalidade de microrrelato:
O premio fica deserto por non presentarse ningún traballo nesta modalidade.
Categoría B
- Os premios fican desertos por non presentarse ningún traballo en ningunha das dúas modalidades.
Categoría C
Modalidade de poesía:
- 1º Premio: “Osíxeno”, de Miguel Ángel Fernández García.
Modalidade de microrrelato:
- 1º Premio: “De costas”, de Adrián Gil Fernández.
O día 27 de maio será a entrega de premios, ás 19:30 na igrexa das Capuchinas da Coruña. Nesta tarde, escoitaremos os textos premiados lidos polos seus autores e autora, e intervirá o Coro Cantabile.
Música e literatura estarán unidas nunha causa solidaria: os donativos asociados a cada participación no concurso serán entregados á Cociña Económica e ademais recolleranse alimentos, tamén para esta institución. Tamén podes encontrar a información sobre este evento na sección de “Próximas Actuaciones”.
Na súa segunda edición, o Certame Literario Cantabile tivo unha participación máis modesta que a anterior, mais temos a certeza de que este proxecto pode mellorar: chegar a xente que se anima por primeira vez a presentar os seus textos ou que quere seguir mellorando, xente Cantabile de sempre ou acabada de chegar, familiares, amizades…
Confiamos en seguir crecendo e en aprender pouco a pouco coa vosa colaboración. Parabéns ás persoas premiadas e grazas a todas as persoas que participaron na segunda edición do Certame Literario Cantabile!
#IICertameLiterarioCantabile
#CantabileSolidario
#CantabileNonPara
![ArquivoCoroCantabile[ES]](https://arquivo.corocantabile.gal/wp-content/uploads/2016/10/cropped-misa-coronacion-cantabile-1.jpg)